ÚLTIMAS novas

Img

VOLTAMOS a noia!

Ago 22, 2013
por: Abraham Romo

Tras a boa acollida xeral do Solpor en Familia e a nosa fantástica experiencia colaborando coa Concellería de Cultura de Noia, sentimonos moi honrados en voltar a ser depositarios da súa confianza e de poder anunciarvos que esta sábado, 24 de Agosto, estaremos ofrecendo obradoiros para nenos e non tan nenos tanto pola mañá coma pola tarde na Alameda de Noia con motivo das festas de San Bartolomeu!

Só podemos adiantarvos que seremos tribu e retumbarán os tambores, así que non volo perdades!

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Img

Fin do Solpor en Familia

Xul 30, 2013
por: Olga Rodríguez

Rematou a nosa aportación na iniciativa do Solpor en Familia que propuxo este ano o Concello de Noia e rematamos moi satisfeitos coa participación dos veciños e veciñas de Noia, que se involucraron de xeito activo nestas actividades xunto cos seus cativos. Agradecemos moito as vosas palabras de ánimo para seguir adiante co noso proxecto e agardamos que non sexa a última vez que colaboramos coa Concellería de Cultura de Noia!